|
|
Qué é FORGA
|
A loita polo emprego e pola mellora das condicións de traballo é consubstancial coa
Confederación Intersindical Galega. A
Formación é unha ferramenta máis para acadar estes obxectivos.
Con esta vontade nace o 3 de Outubro de 1996 a
Fundación para Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) para
constituírse nunha ferramenta eficaz, áxil e útil que incremente a cualificación
profesional dos traballadores e das traballadoras, aumentando nuns casos as posibilidades
de atopar traballo, e noutros posibilitando a promoción profesional dos traballadores en
activo.
|
Obxecto e finalidade da fundación FORGA
A.-Fomenta-lo estudio e a investigación en materia de formación profesional e social dos
traballadores de Galicia.
B.-Colaborar no estudio de necesidades de
formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o
desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.
C.-Contribución á mellora das condicións de
traballo mediante a intervención na formación básica e permanente.
D.-Participar nas modalidades e niveis que define
o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente.
E.-Prestarlle atención prioritaria á formación
de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales
como: xoves de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado do traballo ou parados
de longa duración.
|
Estructura
da Fundación FORGA
Padroado: É o Órgano de Goberno.
Secretaria Confederal de Formación ou Apoderado Xeral.
Dirección ou Xerencia.
Departamento Financeiro Administrativo.
Delegacións Territoriais ou responsables da docencia, monitores, persoal administrativo e
de apoio en cada localidade.
|
Formación Ocupacional
|
O Convenio ca Consellería de Familia Promoción de Emprego Muller e Xuventude,
permítenos impartir cursos de formación ocupacional (desempregados) dentro do Plan FIP
anual. O obxectivo da formación ocupacional e lograr que tódolos alumnos que
realicen cursos reciban unha preparación de calidade que posibilite o seu acceso ó
mercado de traballo
Requisitos para poder participar nun curso do Plano FIP:
Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas do Servicio Público de Emprego.
Axuda de transporte, aloxamento e manutención:
O alumno ou a alumna cando viva polo menos a tres kilómetros de distancia ten dereito
a percibir unha beca para cubri-los gastos de desplazamento. Tamén teñen dereito a unha
beca os diminuídos/as físicos que accedan ós cursos.
Diplomas:
O alumno cando remate o curso con aproveitamento recibe un diploma oficial, outorgado
pola Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
|
Formación Continua
|
| A CIG forma parte das
organizacións asinantes da Comisión Tripartita Nacional de Seguimento sobre Formación
Continua, xunto coa CEOE, CEPYME, CCOO e UGT, e mailo Goberno, tendo constituído en maio
de 1993 a Fundación para a Formación Continua FORCEM, que é a entidade encargada de
impulsar e difundir a formación continua entre as empresas e as/os traballadoras/es
xestionando as axudas para a formación continua e realizando o seguimento do control
técnico. Os cursos de formación continua
realízanse no ano natural
Poden asistir ós mesmos aqueles traballadores que
estean dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, R.E.Autónomos, R.E.Empregadas
de Fogar, R.E. Agrario. Ou traballadores fixos discontinuos ou en regulación de emprego.
Ó remate da acción formativa, CIG-FORGA entrega
un diploma de asistencia e aproveitamento a cada participante.
|
| Formación Continua nas Administracións Públicas
|
A Confederación Intersindical Galega forma parte do Programa de Formación continua que
foi aprobado pola Comisión Xeral de Formación no marco do II Acordo de Formación
Continua nas Administracións Públicas. O
conxunto de actividades que se desenvolvan dentro deste acordo están dirixidas á
mellora de competencias e cualificacións dos empregados públicos que permitan
compatibilizar a maior eficacia e a mellora da calidade dos servicios nas Administracións
Públicas coa formación individual a motivación do empregado público e a súa
promoción profesional.
Os cursos da administración tamén se imparten no
ano natural.
Poden participar nos cursos o persoal estatutario,
laboral e funcionario. |
|